Cada tiña asignada unha mascota que fixemos no noso primeiro Xermoliño. Esas mascotas fan de figuras do taboleiro do noso xogo. Retomando o debuxo das nosas mascotas tiñan que enmascaralas, poñéndolle unha máscara das que estamos empregando para tapar a nariz e a boca. Ademais tiñan que buscar unha receita para enmascarar un alimento que non lles guste. Aproveitamos a entrega de FROITA FRESCA na que participamos para facer apetecibles as froitas que debían degustar.